O "touriñés" é o extraño idioma que "perpetra" o Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.
Con todo, debe ter o respeto e protección que se merecen as linguas "en perigo de extinción".
Este vídeo recolle unha mínima parte das acepcións deste rico patrimonio cultural: "o touriñés"
A Consellería de Cultura acaba de convocar os Premios “Nacionais” (esta Ánxela é unha “cachonda”) da Cultura Galega.
Temos unha magnífica oportunidade para darlle ao “touriñés” o recoñecemento que se merece.
Ata o 24 de abril temos de prazo para enviarlle ao e-mail de Ánxela (http://culturaedeporte.xunta.es/contacto.php?lg=gal) a seguinte proposta de candidatura (copia e pega en mensaxe o seguinte texto):
Candidatura dos Premios Nacionais da Cultura Galega
Nº Interno de Rexistro: (isto non hai que cubrilo, xa o fai Ánxela)
Persoa ou entidade proposta: Touriñés productions s.c.
Categoría para a que se propón: Premio Nacional de Patrimonio Cultural
Breve Reseña da Persoa ou entidade proposta:
Touriñés Productions é unha entidade sen ánimo de lucro adicada á defensa e promoción dunha lingua moi minoritaria (só a fala un individuo) deste país: “o touriñés”.
Como poden comprobar no vídeo deste link (http://tourinhes.blogspot.com/) a orixinalidade e frescura do “touriñés” o fan merecedor dun recoñecemento como o Premio Nacional (ou millor dito, Autonómico) de Patrimonio Cultural.
P.D: Ánxela, se volves a Cuba, chámame que vou contigo e cos teus “300” acompañantes... Eu tamén son de Deus.
1 comentario:
magnificus!
Publicar un comentario